CB1
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB2
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB3
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB4
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB5
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
CG1
Utilización de criterios e métodos científicos na formulación e resolución de problemas aplicando os coñecementos adquiridos.
CG2
Desenvolvemento de capacidades para aplicar coñecementos a contornas novas, especialmente en contextos multidisciplinares.
CG3
Procura, análise e integración de información a partir de diferentes fontes e capacidade para a súa interpretación e avaliación.
CG4
Aprendizaxe de diversas técnicas e métodos analíticos tanto no medio natural como no laboratorio.
CG5
Desenvolvemento de habilidades no manexo e tratamento de ferramentas, matemáticas, estatísticas e informáticas.
CG6
Desenvolvemento da habilidade de elaboración, presentación e defensa de traballos e informes técnicos.
CG7
Desenvolvemento da curiosidade científica, da iniciativa e a creatividade.
CG8
Entendemento da proxección social da ciencia.
CE1
Coñecemento físico-químico do medio oceánico e costeiro.
CE2
Coñecemento da diversidade de organismos mariños e as súas estratexias adaptativas.
CE3
Coñecemento e comprensión das interaccións dos organismos mariños e os ecosistemas mariños e costeiros.
CE4
Coñecemento e procura do potencial interese económico e biotecnolóxico dos organismos mariños.
CE5
Coñecemento dos principios de explotación e sustentabilidade do medio mariño e planificación e supervisión da súa xestión.
CE6
Coñecemento, identificación e avaliación da calidade ambiental do medio mariño e da lexislación vixente. Dirección de consultorías ambientais.
CE7
Catalogación, avaliación, conservación, restauración e xestión de áreas mariñas e litorais protexidos. Elaboración, asesoramento legal e execución de plans de ordenación do litoral.
CE8
Coñecemento e manexo da metodoloxía de investigación, da técnicas mostraxe e instrumentais e de análises de datos aplicados ao medio mariño.
CE9
Coñecementos de institucións, organismos e lexislación relacionados co medio mariño e os seus recursos empresariais e económicos.
CE10
Inspección e asesoramento técnico na avaliación, explotación e xestión de pesqueiras, extracción de recursos e instalacións de acuicultura.
CE11
Estudos de dinámica poboacional, mellora xenética e selección de stocks en pesqueiras, acuicultura e programas de repoboación.
CE12
Control de calidade e seguridade de alimentos e de produtos de transformación e biotecnolóxicos de orixe mariña.
CE13
Divulgación de coñecementos da bioloxía e os medio mariños: programas de formación e docencia; planificación e dirección de acuarios, museos, centros de interpretación ambiental, parques naturais e espazos naturais protexidos.
CE14
Elaboración, discusión, interpretación, asesoramento e peritaxe de informes científico-técnicos, éticos, legais e socioeconómicos relacionados co ámbito mariño e pesqueiro.
CE15
Xestión de actividades de lecer e turismo no medio mariño e litoral.
CT1
Desenvolvemento das capacidades comprensivas, de análise e síntese.
CT2
Desenvolvemento da capacidade de razoamento crítico e autocrítico.
CT3
Desenvolvemento das capacidades de traballo en equipo, enriquecidas pola pluridisciplinariedade.
CT4
Desenvolvemento da capacidade para actualizar o coñecemento de forma autónoma.
CT5
Desenvolvemento das habilidades de comunicación e discusión de formulacións e resultados.
CT6
Desenvolvemento das capacidades de reflexión sobre responsabilidades sociais e éticas.
CT7
Desenvolvemento de habilidades para a divulgación de ideas en contextos tanto académicos como non especializados.
CT8
Habilidade para falar ben en público.