O presente PAT é un instrumento deseñado para mellorar o funcionamento do Máster de Bioloxía Mariña e concretamente para dar apoio, orientación e seguimento das necesidades do estudantado. Mediante a aplicación deste plan trátase de detectar no menor tempo posible fallos ou necesidades docentes, para que a Comisión Académica tome as medidas de apoio oportunas. Con todo fomentarase que sexa o estudantado quen proactivamente lidere as solucións e a toma de decisións para a resolución de problemas, a través das vías establecidas. A metodoloxía aplicada nas reunións de seguimento titorial adaptarase en tempo e forma ás necesidades do estudantado.

O PAT proponse cos seguintes obxectivos:

  • Establecer un sistema de información, orientación e seguimento académico para o estudantado, mediante a asignación dun titor interno do Máster.
  • Mellorar a información do estudantado en xeral e daqueles con necesidades especiais en particular.
  • Fomentar a participación activa do estudantado na vida universitaria e facilitar e mellorar a súa integración na vida académica.
  • Ampliar a información que o estudantado ten sobre a universidade, os servizos que ofrece, os proxectos nos que pode participar, as bolsas ás que pode optar, a mobilidade, e as prácticas externas.
  • Fomentar o traballo en equipo e a toma de decisións preprofesionais baseadas en criterios obxectivos.
  • Mellorar a satisfacción do estudantado coa formación recibida e dar solucións ás súas necesidades de apoio formativo complementario.
  • Minimizar a taxa de abandono e aumentar a taxa de eficiencia e a taxa de gradación.
  • Orientar e fomentar a inserción laboral do estudantado.

Para os devanditos obxectivos no PAT proponse realizar as seguintes actividades:

Antes do comezo do curso (Setembro)

Sesión 1.
Comisión Académica. Presentación do PAT ao profesorado e asignación de titores para todos os alumnos matriculados (Anexo I).

Primeiro día do curso (Setembro)

Sesión 2a.
Comisión Académica – Grupo de Alumnos. Presentación dos datos básicos do máster, incluído o plan de estudos, as formas de participación na actividade docente, as posibilidades de uso dos servizos locais e universitarios (SIOPE, OFOE, ORI, actividades deportivas e de formación). Mecanismos de orientación cara á profesionalización do estudantado.
Sesión 2b.
Titores – Grupo de Alumnos. Presentación dos obxectivos e titores do PAT. Toma de contacto co alumnado baixo a súa tutela. Presentación personalizada. Toma de contacto e dos datos básicos (Anexo II) e análise das necesidades específicas do alumnado e das súas expectativas no máster. Detección de necesidades especiais de apoio educativo ou loxístico.

Primeiro cuadrimestre (Setembro – Xaneiro)

Sesión 3.
Titor – Alumno. Titoría de seguimento e asesoramento a discreción, polo menos una por cuadrimestre. Nelas incidirase nas posibles dificultades atopadas nas distintas materias do título. Abordaranse tanto aspectos académicos como pre- profesionalizantes, que quedarán rexistrados no Anexo III.

Segundo cuadrimestre (Xaneiro – Xuño)

Sesión 4.
Titor – Alumno. Titoría de seguimento e asesoramento. Valoración do rendemento do primeiro semestre e planificación das actividades do segundo semestre.
Sesión 5.
Titor – Alumno. Titoría de seguimento e asesoramento. Valoración do rendemento do segundo cuadrimestre e planificación das actividades do terceiro cuadrimestre: preparación das Prácticas externas e do TFM.

Terceiro cuadrimestre (Setembro – Xaneiro)

Sesión 6.
Titores – Alumno. Titoría de seguimento e asesoramento. Seguimento das Prácticas Externas e do TFM.

Avaliación do PAT (Xaneiro – Xuño)

Os resultados das titorías de seguimento titorial, as súas evidencias e a avaliación dos alumnos (Anexo IVa), canalizaranse cara á Comisión Académica e cara aos coordinadores ao obxecto de avaliar o propio PAT (Anexo IVb) melloralo, e combater deficiencias en materia de planificación docente, de secuencialización ou solapamento de contidos, etc.

 

Fichas PAT 2015/2016