As prácticas académicas externas constitúen unha actividade formativa realizada polo estudantado en entidades externas á universidade

Na nova ordenación dos ensinos universitarios derivada da adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior, ponse especial énfase na realización de prácticas externas en entidades públicas ou privadas de ámbito nacional ou internacional por parte dos estudantes universitarios, desde a consciencia de que a combinación dunha formación teórica universitaria adecuada co coñecemento aplicado das técnicas e das metodoloxías desenvolvidas no campo profesional, constitúen a base máis sólida para a formación integral do estudante universitario, ao capacitalo correctamente para a súa futura inserción no mercado laboral.

Para a súa realización hay que estar matriculado na Materia de PE e ter superados os 60 ECTS do primeiro ano do máster.

Duración e contido

A duración das PE será a que estableza o correspondente plan de estudos, dentro do marco previsto polo artigo 15.2 do Real Decreto 1393/2007, do 29 de outubro, ou norma xeral posterior que lle substitúa. O plan de estudos do MBM contempla a realización de 18 ECTS da materia de PE no primeiro semestre do segundo curso. Cada crédito asignado a PE equivalerá a 25 h totais. Dado que a materia ten 18 ECTS, estes equivalen a 450 h. (a presencialidade será adecuada á normativa vixente en cada universidade).

O alumno, ao asinar o documento de conformidade por o que acepta a praza (Documento PE-0), acepta tamén o compromiso de realizar as tarefas encomendadas, respectar a confidencialidade dos traballos que realice e as normas de seguridade e prevención vixentes na empresa/institución. Calquera circunstancia que afecte o desenvolvemento das PE (modificación das condicións do convenio, ausencia do titor, incumprimento por parte do estudante, problemas de confidencialidade, accidentes ou situacións de risco, etc.) deberá ser comunicada inmediatamente á CA-MBM de cada Universidade, que tomará as medidas oportunas.

Normativa de prácticas

Oferta de prácticas

  • Oferta de prácticas externas para o curso 2023/2024

Calendario de prácticas externas

Convocatoria Data de entrega
1ª Convocatoria 31/01/2024
2ª Convocatoria 07/06/2024

Coordinación

A coordinación do proceso de oferta de prazas, convocatoria, adxudicación, desenvolvemento e seguimento das prácticas en empresas será tarefa da CAI-MBM, e poderá ser delegada nun dos seus membros que actuará como cordinador de PE. Non é labor do coordinador de PE, se o houbese, nin de a CA-MBM establecer a cualificación dos alumnos, correspondendo esta tarefa aos titores externos e aos titores académicos.