O Traballo Fin de Máster consiste nun traballo de investigación vinculado á práctica profesional, orixinal e inédito

Para a súa realización requírese estar matriculado da mesma, e, para o seu defensa, que o estudante superase todas as materias do primeiro ano (60 ECTS) así como as Prácticas Externas do segundo ano (18 ECTS). É por iso, que ha de realizarse na fase final do plan de estudos e estar claramente orientado á avaliación das competencias asociadas ao título.

O estudantado, ao finalizar o período formativo do TFM, e dentro das datas establecidas polas CA-MBM, deberá:

  1. Elaborar unha Memoria de TFM (editada segundo formato descrito no Anexo), na que debe constar obrigatoriamente o visto e prace do titor/es e a súa sinatura/s.
  2. Presentar ante o tribunal avaliador un resumo oral do TFM, atendendo ao disposto na presente normativa.

 

Normativa

 

Traballo Fin de Máster – Curso 2023/2024

Tribunais

  • Tribunais do TFM 2023/2024

 

Calendario de defensa do TFM

Convocatoria Depósito Defensa
1ª Convocatoria (Febreiro) 21/02/2024 27/02/2024
2ª Convocatoria (Xullo) 21/06/2024 28/06/2024