O título está deseñado para formar profesionais cualificados dentro deste ámbito industrial e que permita ao sector dotarse de tecnólogos especializados na conservación dos produtos do mar

Unha vez realizada a preinscrición levará a cabo a selección e admisión dos estudantes no máster por parte das Comisións Académicas universitarias do Máster (véxase máis abaixo). Avaliarase cada solicitude en base á seguinte información, que debe acompañar á solicitude de admisión:

  1. CURRICULUM VITAE (ATA O 90% DA NOTA):
    • Expediente académico (ata o 65 % do CV). Como perfís de acceso preferente establécense os seguintes:

      • Licenciatura/Grao en Bioloxía ou Ciencias do Mar (Nota: nota media x 1).
      • Licenciatura/Grao noutras titulacións das grandes aéreas de Ciencias ou Ciencias da Saúde (Nota: nota media x 0,5).
    • Experiencia Investigadora en Bioloxía (ata o 15% do CV). Colaboración en proxectos de investigación, en campañas oceanográficas, publicacións científicas, comunicacións a congresos e estancias de investigación, todos eles debendo ser méritos non computados anteriormente no expediente académico.
    • Experiencia Profesional relativa á Bioloxía (ata o 15% do CV). Prácticas en empresas ou institucións, non incluídas previamente no expediente académico. Contratos en empresas e institucións.
    • Outros méritos (ata o 5% do CV).Consideraranse méritos formativos diversos, tales como cursos, bolsas, asistencia de ciclos e xornadas, premios, idiomas, outras titulacións, e outros méritos que o solicitante considere apropiado achegar.
  2. CARTAS DE INTERESE (ATA O 10% DA NOTA):
    • Declaración persoal de interese no máster (ata o 5% da nota). Texto libre cunha extensión mínima de 200 palabras.
    • Carta de recomendación (ata o 5% da nota). Escrito de referencia e apoio ao estudante, emitido preferentemente por un ex-profesor do mesmo.
  3. Opcionalmente, realizarase unha entrevista persoal (de maneira presencial e/ou a través de videoconferencia ou do correo electrónico). O obxectivo desta entrevista é valorar o interese do alumno solicitante no máster, aclarar posibles dúbidas na documentación ou méritos achegados e permitir o desempate de puntuación entre varios candidatos.

En calquera caso teranse moi en conta as necesidades educativas especiais dos estudantes derivadas da súa discapacidade.