Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Competencias básicas

  • CB1: Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
  • CB2: Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
  • CB3: Que o estudantado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
  • CB4: Que o estudantado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
  • CB5: Que o estudantado posúa as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.

Competencias xerais

  • CG1: Utilización de criterios e métodos científicos na formulación e resolución de problemas aplicando os coñecementos adquiridos.
  • CG2: Desenvolvemento de capacidades para aplicar coñecementos a contornas novas, especialmente en contextos multidisciplinares.
  • CG3: Procura, análise e integración de información a partir de diferentes fontes e capacidade para a súa interpretación e avaliación.
  • CG4: Aprendizaxe de diversas técnicas e métodos analíticos tanto no medio natural como no laboratorio.
  • CG5: Desenvolvemento de habilidades no manexo e tratamento de ferramentas, matemáticas, estatísticas e informáticas.
  • CG6: Desenvolvemento da habilidade de elaboración, presentación e defensa de traballos e informes técnicos.
  • CG7: Desenvolvemento da curiosidade científica, da iniciativa e a creatividade.
  • CG8: Entendemento da proxección social da ciencia.

Competencias específicas

  • CE1: Coñecemento físico-químico do medio oceánico e costeiro.
  • CE2: Coñecemento da diversidade de organismos mariños e as súas estratexias adaptativas.
  • CE3: Coñecemento e comprensión das interaccións dos organismos mariños e os ecosistemas mariños e costeiros.
  • CE4: Coñecemento e procura do potencial interese económico e biotecnolóxico dos organismos mariños.
  • CE5: Coñecemento dos principios de explotación e sustentabilidade do medio mariño e planificación e supervisión da súa xestión.
  • CE6: Coñecemento, identificación e avaliación da calidade ambiental do medio mariño e da lexislación vixente. Dirección de consultorías ambientais.
  • CE7: Catalogación, avaliación, conservación, restauración e xestión de áreas mariñas e litorais protexidos. Elaboración, asesoramento legal e execución de plans de ordenación do litoral.
  • CE8: Coñecemento e manexo da metodoloxía de investigación, da técnicas mostraxe e instrumentais e de análises de datos aplicados ao medio mariño.
  • CE9: Coñecementos de institucións, organismos e lexislación relacionados co medio mariño e os seus recursos empresariais e económicos.
  • CE10: Inspección e asesoramento técnico na avaliación, explotación e xestión de pesqueiras, extracción de recursos e instalacións de acuicultura.
  • CE11: Estudos de dinámica poboacional, mellora xenética e selección de stocks en pesqueiras, acuicultura e programas de repoboación.
  • CE12: Control de calidade e seguridade de alimentos e de produtos de transformación e biotecnolóxicos de orixe mariña.
  • CE13: Divulgación de coñecementos da bioloxía e os medio mariños: programas de formación e docencia; planificación e dirección de acuarios, museos, centros de interpretación ambiental, parques naturais e espazos naturais protexidos.
  • CE14: Elaboración, discusión, interpretación, asesoramento e peritaxe de informes científico-técnicos, éticos, legais e socioeconómicos relacionados co ámbito mariño e pesqueiro.
  • CE15: Xestión de actividades de lecer e turismo no medio mariño e litoral.

Competencias transversais

  • CT1: Desenvolvemento das capacidades comprensivas, de análise e síntese.
  • CT2: Desenvolvemento da capacidade de razoamento crítico e autocrítico.
  • CT3: Desenvolvemento das capacidades de traballo en equipo, enriquecidas pola pluridisciplinariedade.
  • CT4: Desenvolvemento da capacidade para actualizar o coñecemento de forma autónoma.
  • CT5: Desenvolvemento das habilidades de comunicación e discusión de formulacións e resultados.
  • CT6: Desenvolvemento das capacidades de reflexión sobre responsabilidades sociais e éticas.
  • CT7: Desenvolvemento de habilidades para a divulgación de ideas en contextos tanto académicos como non especializados.
  • CT8: Habilidade para falar ben en público.