O Traballo Fin de Máster consiste nun traballo de investigación vinculado á práctica profesional, orixinal e inédito.
Para a súa realización requírese estar matriculado da mesma e, para a súa defensa, que o estudantado superase todas as materias do primeiro ano (60 ECTS) así como as prácticas externas do segundo ano (18 ECTS). É por iso, que deberá realizarse na fase final do plan de estudos e estar claramente orientado á avaliación das competencias asociadas ao título.
O estudantado, ao finalizar o período formativo do TFM, e dentro das datas establecidas polas CAM, deberá:
- Elaborar unha Memoria de TFM (editada segundo formato descrito no anexo), na que debe constar obrigatoriamente o visto e prace dos titores/as e a súa sinatura/s.
- Presentar ante o tribunal avaliador un resumo oral do TFM, atendendo ao disposto na presente normativa.
Normativa
- Normativa do Traballo de Fin de Máster
- Anexo I. Documento de formalización do TFM
- Anexo II. Ficha de avaliación do titor/a do TFM
- Anexo III. Ficha de avaliación do tribunal do TFM
- Anexo IV. Acta final do tribunal avaliador do TFM
Traballo Fin de Máster - Curso 2026/2027
Tribunais
- Tribunais do TFM 2026/2027
Calendario de defensa do TFM
| Convocatoria | Depósito | Defensa |
|---|---|---|
| 1ª Convocatoria (Febreiro) | 18/02/2027 | 25/02/2027 |
| 2ª Convocatoria (Xuño) | 21/06/2027 | 28/06/2027 |
Traballos defendidos
2025/2026 | 2024/2025 | 2023/2024 | 2022/2023 | 2021/2022 | 2020/2021 | 2019/2020 | 2018/2019