O Traballo Fin de Máster consiste nun traballo de investigación vinculado á práctica profesional, orixinal e inédito
Para a súa realización requírese estar matriculado da mesma, e, para o seu defensa, que o estudante superase todas as materias do primeiro ano (60 ECTS) así como as Prácticas Externas do segundo ano (18 ECTS). É por iso, que ha de realizarse na fase final do plan de estudos e estar claramente orientado á avaliación das competencias asociadas ao título.
O estudantado, ao finalizar o período formativo do TFM, e dentro das datas establecidas polas CA-MBM, deberá:
- Elaborar unha Memoria de TFM (editada segundo formato descrito no Anexo), na que debe constar obrigatoriamente o visto e prace do titor/es e a súa sinatura/s.
- Presentar ante o tribunal avaliador un resumo oral do TFM, atendendo ao disposto na presente normativa.
Normativa
- Normativa do Traballo de Fin de Máster
- Anexo I. Documento de formalización do TFM
- Anexo II. Ficha de avaliación do titor/a do TFM
- Anexo III. Ficha de avaliación do tribunal do TFM
- Anexo IV. Acta final do tribunal avaliador do TFM
Traballo Fin de Máster – Curso 2024/2025
Tribunais
- Tribunais do TFM 2024/2025
Calendario de defensa do TFM
Convocatoria | Depósito | Defensa |
---|---|---|
1ª Convocatoria (Febreiro) | 18/02/2025 | 25/02/2025 |
2ª Convocatoria (Xullo) | 20/06/2025 | 27/06/2025 |